RESOLUCIONES OBRADOIROS

Director

Alumnos

Monitores

Decreto Nomeamento do tribunal

Acta Alumnado Traballador

Acta persoal docente

Acta director Obradoiro

Acta sesión do tribunal de selección de persoal laboral temporal

Acta de selección maestro de compensatoria

Acta resolución alegaciones 

 16/12/2021 Dilixencia estendida pola Secretaria do Tribunal de selección Obradoiro Camiño da Chaira VI:

Sustituto Monitor Pintura

Decreto Nombramiento Tribunal Director y Convocatoria Mérito

20220207_Resolución_Decreto de Alcaldía _ Decreto de Presidencia _DECRETO 2022-0041 [Decreto Tribunal y fecha convocat. MAESTRO]

APROBADO UN OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO PARA OS CONCELLOS DE CASTRO DE REI, COSPEITO E OUTEIRO DE REI

Decreto de alcaldía

Decreto de Alcaldía

Recentemente, a Consellería de Emprego e Igualdade notificoulle ao Concello de Castro de Rei a resolución de concesión dunha axuda por importe de 346.946,00 € para a realización do proxecto de obradoiro dual de emprego denominado Camiño da Chaira  VI que se desenvolverá nos municipios de Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei. 

A solicitude de subvención para a posta en marcha do mesmo, realizada conxuntamente polos citados Concellos, foi tramitada nesta ocasión polo Concello de Castro de Rei, promotor do obradoiro.

O obradoiro dual de emprego Camiño da Chaira VI é un programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou de interese social.

Para este obradoiro, serán seleccionados un total de 20 alumn@s-traballador@s desempregad@s; 6 para Castro de Rei e 7 para cada un dos concellos restantes. Todas estas persoas estarán contratadas  durante nove meses cun contrato de formación e aprendizaxe.

A selección de persoas beneficiarias realizarase previa oferta á oficina de emprego Lugo Sur (no caso dos concellos de Castro de Rei e de Outeiro de Rei) e á oficina de emprego de Vilalba (para o caso das persoas demandantes de emprego de Cospeito).

 
Recomendase ás persoas que estean interesadas, que manifesten á maior brevidade nas súas respectivas oficinas de emprego o seu interese en participar na selección.

As especialidades formativas que está previsto se impartan en cada concello son as seguintes:

CONCELLO DE CASTRO DE REI

EOCB0109 Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción

Certificado de profesionalidade de nivel 1.

CONCELLO DE COSPEITO

EOCB0209- 0peracións auxiliares en acabados ríxidos e urbanización

Certificado de profesionalidade de nivel 1.

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

EOCB0311 Pintura industrial en construción

Certificado de profesionalidade de nivel 2.

Todos os alumn@s-traballador@s deberán cumprir os requisitos sinalados no Real  decreto que regule os respectivos certificados de profesionalidade que se impartirán en cada concello e os demais requisitos esixidos nas bases para a selección das persoas traballadoras participantes neste obradoiro que proximamente se farán públicas.

Igualmente nas próximas datas realizarase oferta para cubrir os postos de persoal directivo, docente e administrativo/a deste obradoiro de emprego.