Cidadáns
Descarga de documentosPADRÓN MUNICIPAL DE HABITANTES – CONSIDERACIÓNS XERAIS
- O Padrón Municipal de Habitantes é o rexistro administrativo onde constan os veciños dun municipio. Os datos contidos no mesmo constitúen unha proba da residencia no municipio e do domicilio habitual no mesmo, e son utilizados para a actualización do Censo Electoral.
- Toda persoa que resida en España ten o deber de empadronarse no municipio onde resida habitualmente. Quen viva en varios municipios deberá inscribirse unicamente no que habite durante mais tempo ao ano.
- Os veciños deben comunicar as variacións nos seus datos de inscrición, especialmente os cambios de domicilio dentro do término municipal.
¿QUÉN PODE SOLICITALO / CÓMO FACELO ?:
- A persoa interesada maior de 16 anos ou quen posúa a súa representación legal.
- PRESENCIALMENTE: No Concello (Praza Maior, 1 – Castro de Rei) facilitarase o documento de solicitude e a folla padronal en formato físico, que serán firmadas por todos os veciños cuxos datos figuren na mesma ou, no seu caso, polo seu representante legal; cumprimentando ditos documentos conforme as instrucións actualizadas que figuran no reverso do modelo de folla padronal. Xuntando aos mesmos a documentación que tamén se indica no reverso da folla (Documentación acreditativa da identidade -que debe de estar en vigor-, documentación acreditativa do domicilio, etc. …).
- ELECTRÓNICAMENTE: Desde a sede electrónica do Concello tamén poderase achegar o documento de solicitude e a folla padronal debidamente cubertos e asinados por todas as persoas maiores de idade; xunto coa documentación que sexa necesario achegar. Para presentar a solicitude electrónicamente a persoa que realiza a presentación deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou mediante o seu usuario e contrasinal (este último so válido para persoas físicas). Con esta presentación a persoa está declarando que todos os datos contidos na solicitude son certos.
Para a presentación telemática é imprescindible que na Folla padroal as sinaturas sexan TODAS dixitais (non se admitirán follas escaneadas), e debe acompañarse de toda a documentación requirida: acreditación da identidade (DNI,NIE,…); acreditación do domicilio (contrato arrendamento, escritura,…);…
O prazo máximo para resolver o empadroamento é de tres meses a partires da solicitude, segundo o establecido no artigo 21.3 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Para calquera aclaración pode poñerse en contacto coas oficinas municipais a través do teléfono 982 314 034 (horario: de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas), ou no correo electrónico: padron@castroderei.gal
FORMULARIOS QUE SE RELACIONAN:
Solicitude de ALTA no padrón municipal por cambio de residencia, debidamente cumprimentada.
Folla de inscrición padronal completada por todas as persoas maiores que se inscriban (no caso de persoas menores, firma da nai, pai ou titora ou titor legal). En caso de que se incorporen novos habitantes a un grupo familiar xa empadronado, terá que firmar na propia folla a autorización das novas inscricións algunha persoa maior de idade que xa figure inscrita nela.
ANEXOS -que correspondan- PUBLICADOS NO BOE Núm. 122 do 02/05/2020.
NORMATIVA PADRONAL:
* Resolución do 29 de abril de 2020, pola que se publica a Resolución do 17 de febreiro de 2020, pola que se ditan instrucións técnicas aos concellos sobre a xestión do Padrón municipal (BOE núm. 122, do sábado 2 de maio de 2020).
* Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de poboación e demarcación das entidades locais.
* Real Decreto 2612/1996, de 20 de decembro, polo que se modifica o Regulamento de poboación e demarcación das entidades locais, antes referido.
* Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
DOCUMENTOS:
SOLICITUD DE CAMBIO DE DOMICILIO
ANEXO I- Declaración responsable inscripcion o cambio menores SIN RESOLUCION JUDICIAL
ANEXO II- Declaración responsable inscripcion o cambio menores CON RESOLUCION JUDICIAL
ANEXO III-Hoja de inscripcion padronal DE CASTRO DE REI
ANEXO IV-Solicitud renovación extranjeros no comunitarios
ANEXO VI-Comprobacion periodica residencia extranjeros
ANEXO VII-Comprobacion periodica residencia extranjeros POR REPRESENTANTE
ANEXO V-Solicitud renovación extranjeros no comunitarios POR REPRESENTANTE
Los castros de Lugo, un gran valor que aún revela sorpresas
Los hallazgos de piezas contrastan en Viladonga con la necesidad de ampliar la zona pública. En el castro de Viladonga (Castro de Rei) van ya más de 40 años pasados desde que se iniciaron las primeras excavaciones emprendidas por Chamoso Lamas. El Museo, contiguo al...
Fallece el exalcalde de Castro de Rei y exdiputado provincial Arturo Pereiro
El octogenario exalcalde de Castro de Rei y exdiputado provincial del PP Arturo Pereiro Vilariño acaba de fallecer. Durante mas de 20 años fue regidor del municipio chairego, a cuyo desarrollo contribuyó con su gestión. Residía en Castro de Riberas de Lea, era...


