Cidadáns
Descarga de documentosPADRÓN MUNICIPAL DE HABITANTES – CONSIDERACIÓNS XERAIS
- O Padrón Municipal de Habitantes é o rexistro administrativo onde constan os veciños dun municipio. Os datos contidos no mesmo constitúen unha proba da residencia no municipio e do domicilio habitual no mesmo, e son utilizados para a actualización do Censo Electoral.
- Toda persoa que resida en España ten o deber de empadronarse no municipio onde resida habitualmente. Quen viva en varios municipios deberá inscribirse unicamente no que habite durante mais tempo ao ano.
- Os veciños deben comunicar as variacións nos seus datos de inscrición, especialmente os cambios de domicilio dentro do término municipal.
¿QUÉN PODE SOLICITALO / CÓMO FACELO ?:
- A persoa interesada maior de 16 anos ou quen posúa a súa representación legal.
- PRESENCIALMENTE: No Concello (Praza Maior, 1 – Castro de Rei) facilitarase o documento de solicitude e a folla padronal en formato físico, que serán firmadas por todos os veciños cuxos datos figuren na mesma ou, no seu caso, polo seu representante legal; cumprimentando ditos documentos conforme as instrucións actualizadas que figuran no reverso do modelo de folla padronal. Xuntando aos mesmos a documentación que tamén se indica no reverso da folla (Documentación acreditativa da identidade -que debe de estar en vigor-, documentación acreditativa do domicilio, etc. …).
- ELECTRÓNICAMENTE: Desde a sede electrónica do Concello tamén poderase achegar o documento de solicitude e a folla padronal debidamente cubertos e asinados por todas as persoas maiores de idade; xunto coa documentación que sexa necesario achegar. Para presentar a solicitude electrónicamente a persoa que realiza a presentación deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou mediante o seu usuario e contrasinal (este último so válido para persoas físicas). Con esta presentación a persoa está declarando que todos os datos contidos na solicitude son certos.
Para a presentación telemática é imprescindible que na Folla padroal as sinaturas sexan TODAS dixitais (non se admitirán follas escaneadas), e debe acompañarse de toda a documentación requirida: acreditación da identidade (DNI,NIE,…); acreditación do domicilio (contrato arrendamento, escritura,…);…
O prazo máximo para resolver o empadroamento é de tres meses a partires da solicitude, segundo o establecido no artigo 21.3 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Para calquera aclaración pode poñerse en contacto coas oficinas municipais a través do teléfono 982 314 034 (horario: de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas), ou no correo electrónico: padron@castroderei.gal
FORMULARIOS QUE SE RELACIONAN:
Solicitude de ALTA no padrón municipal por cambio de residencia, debidamente cumprimentada.
Folla de inscrición padronal completada por todas as persoas maiores que se inscriban (no caso de persoas menores, firma da nai, pai ou titora ou titor legal). En caso de que se incorporen novos habitantes a un grupo familiar xa empadronado, terá que firmar na propia folla a autorización das novas inscricións algunha persoa maior de idade que xa figure inscrita nela.
ANEXOS -que correspondan- PUBLICADOS NO BOE Núm. 122 do 02/05/2020.
NORMATIVA PADRONAL:
* Resolución do 29 de abril de 2020, pola que se publica a Resolución do 17 de febreiro de 2020, pola que se ditan instrucións técnicas aos concellos sobre a xestión do Padrón municipal (BOE núm. 122, do sábado 2 de maio de 2020).
* Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de poboación e demarcación das entidades locais.
* Real Decreto 2612/1996, de 20 de decembro, polo que se modifica o Regulamento de poboación e demarcación das entidades locais, antes referido.
* Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
DOCUMENTOS:
SOLICITUD DE CAMBIO DE DOMICILIO
ANEXO I- Declaración responsable inscripcion o cambio menores SIN RESOLUCION JUDICIAL
ANEXO II- Declaración responsable inscripcion o cambio menores CON RESOLUCION JUDICIAL
ANEXO III-Hoja de inscripcion padronal DE CASTRO DE REI
ANEXO IV-Solicitud renovación extranjeros no comunitarios
ANEXO VI-Comprobacion periodica residencia extranjeros
ANEXO VII-Comprobacion periodica residencia extranjeros POR REPRESENTANTE
ANEXO V-Solicitud renovación extranjeros no comunitarios POR REPRESENTANTE
Imaugurada a Caseta do Polbo de Castro de Rei
Castro de Rei estrena carpa del pulpo. Aunque ayer no fue día de feria, en Castro de Rei sí hubo una degustación con motivo de la apertura de la caseta del pulpo. La colocación se afrontó con fondos comunitarios del programa Agader y del Concello, y con la...
Resultado do proceso selectivo do Programa Depuemprego
ACTA RESULTADO PROCESO SELECTIVO PROGRAMA DEPUEMPREGO 2017
LISTA DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUIDOS, PROGRAMA DEPUEMPREGO 2017.
LISTA ADMITIDOS EXCLUÍDOS-NOMEAMENTO TRIBUNAL-DATA EXAME DEPUEMPREGO 2017
Resultado do proceso selectivo de 2 peóns e decreto de alcaldía polo que se aproba a contratación dentro do programa de fomento do empleo APROL RURAL 2017
ACTA PROCESO SELECTIVO APROL RURAL 2017 DECRETO APROBACIÓN CONTRATACIÓN 2 PEÓNS APROL RURAL 2017
Programa Depuemprego 2017 | Instancias, Bases e Anexo I-Solicitude
ANEXO I-SOLICITUDE PROCESO SELECTIVO DEPUEMPREGO 2017 ANUNCIO APERTURA PROCESO SELECTIVO DEPUEMPREGO 2017 BASES CONCELLO CASTRO DE REI. PROGRAMA DEPUEMPREGO
DECRETO APROBACIÓN CONTRATACIÓN 3 PEÓNS RISGA 2017
DECRETO APROBACIÓN CONTRATACIÓN 3 PEÓNS RISGA 2017
Subvención concedida pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, para obras menores de mellora de infraestruturas da escola infantil municipal “Manuela López Besteiro”
Descrición da actuación: obras menores de mellora de infraestruturas da escola infantil municipal "Manuela López Besteiro" de Castro de Rei, así como adquisición e mellora do equipamento do centro e de dispositivos para integración de novas tecnoloxías na aula....
Bases reguladoras del proceso de selección de 2 peones al amparo del programa APROL RURAL
BASES PROCESO SELECTIVO 2 PEÓNS. APROL RURAL
BASES PROCESO SELECTIVO PERCEPTORES RISGA 2017
BASES PROCESO SELECTIVO 3 PEÓNS. RISGA 2017
Lista definitiva de aspirantes para proceso selectivo de AUXILIAR DE BIBLIOTECA
LISTA DEFINITIVA PROCESO SELECTIVO AUXILIAR BIBLIOTECA