Descrición da actuación: obras menores de mellora de infraestruturas da escola infantil municipal “Manuela López Besteiro” de Castro de Rei, así como adquisición e mellora do equipamento do centro e de dispositivos para integración de novas tecnoloxías na aula.

Obxectivos e resultados: 

  • Obras menores: mellorar o illamento do centro para acadar maior confortabilidade para os nenos.
  • Adquisición e mellora do equipamento: dotar o centro de equipamento didáctico adecuado e actualizado para a realización dos xogos de aprendizaxe cos nenos.
  • Novas tecnoloxías na aula: Introducir novos métodos de aprendizaxe na aula, para que a ensinanza non sexa só dende a dimensión tradicional.

Apoio financeiro: Xunta de Galicia e Unión Europea.