A expo degustación
queres probar algo diferente?
A expo adoita celebrarse o último domingo de Outubro, a reivindicación e exaltación da galiña de Mos queda patente sempre con esta celebración da expodegustación destas aves na parroquia orixinaria da raza, San Xiao de Mos, no municipio de Castro de Rei. Nesta cita, que se organiza por entre o Concello e a Asociación de Criadores de Galiña de Mos (Avimós), logra reunir  sempre a máis de medio milleiro de persoas, que se citan en dúas carpas instaladas no campo da festa da citada parroquia.

 

 

 

O galo e a galiña

Carne espectacular

 

 

A carne ten unha porcentaxe baixa de pel e graxa subcutánea, moi inferior ás estirpes industriais, que nalgúns dos casos foi do dobre. A cantidade de graxa na pechuga e no zanco é menor que en estirpes industrias, que ademais é de alta calidade cunha mellor relación de Poliinsaturados/Saturados (P/S) que nos industriais, maior contido de omega 6 e de omega 3 e, unha mellor relación entre estes, sendo unhas carnes moi nutritivas, escuras e apreciadas polo consumidor.