OFICINA DE REHABILITACIÓN
Concello de Castro de Rei
Atención no propio Concello
Contacto mail: oficinarehabilitacion@castroderei.gal
Luns e Mércores: de 10:00 a 15:00 horas
O servizo créase no 2021 e a súa función e asesorar e xestionar as actuacións de rehabilitación en materia de vivenda na Área de Rehabilitación Integral (ARI).
Área de rehabilitación integral do conxunto histórico de Castro de Rei
Persoal Asignado ó Proxecto: Arquitecta e administrativa.
Superficie Hectáreas
ARI Conxunto Histórico
ARI de “Conxunto Histórico” – recollida na lei 1/2019 de rehabilitación, rexeneración e renovación urbana de Galicia.
Prazos
O concello informará convenientemente cando e cómo se poderá acceder por parte dos particulares ás subvencións en materia de rehabilitación na área delimitada.
Plan Estatal
Financiación a cargo do Plan Estatal de vivenda – aprobado por Decreto 106/2018 -, promovido polo Estado e que en colaboración co IGVS distribue fondos a través dunha serie de programas de subvencións cuxo destino é mellorar o acceso á vivenda ou a conservación e mellora da mesma.
Publicadas no Boletín Oficial da Provincia as Bases para solicitar as Subvencións á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Castro de Rei
Ver máis info aquí 20220304_PUBLICACION-BOP-BASES-SUBVENCIONS-NA-ARIDescarga
Aprobadas as bases para a Subvencións á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Castro de Rei
Foron aprobadas as bases para a Subvencións á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Castro de Rei, están todavía pendentes da súa publicación no BOP, pódense descargar os arquivos para a súa solicitude aquí...
Diez millones de euros para reformar mil viviendas en 22 ayuntamientos gallegos
Los interesados en emprender los trabajos deben vivir en áreas de rehabilitación integral, y pueden recibir hasta 24.000 euros por casa Fuente La Voz de Galicia El Gobierno gallego ha autorizado los convenios para asignar 10,2 millones de euros destinados a...
Qué é a ARI
As Áreas de Rehabilitación conforman a base principal das actuacións de rehabilitación en contornas urbanas por parte do IGVS. Para isto é fundamental a colaboración dos concellos.
Unha área de rehabilitación integral ( ARI) é un contorno urbano que require a súa renovación e revitalización polos seus especiais característica urbanísticas, ambientais e patrimoniais, así como polo tecido social que sustenta.
As ARI comprenden actuacións de mellora de tecidos residenciais no medio urbano e rural, recuperando funcionalmente conxuntos históricos, centros urbanos, barrios degradados e municipios rurais que precisen a rehabilitación dos seus edificios e vivendas, a superación de situacións de infravivenda e de intervencións de urbanización ou reurbanizacións dos seus espazos públicos (Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación).
OBXECTIVOS E DELIMITACIÓN:
Na actualidade o núcleo de Castro de Rei, engloba un Conxunto histórico declarado por Decreto 300 de 1971, presenta por unha banda un elevado número de edificacións de carácter residencial en tal situación de deterioración que aconsella a toma de medidas para mellorar a súa habitabilidade así como para a recuperación e posta en valor do seu patrimonio edificado, e por outra un espazo público urbano que precisa de medidas de reurbanización e actualización.
A solicitude de ARI pretende mellorar a situación socioeconómica e urbanística do núcleo, no que as actividades económicas e establecementos comerciais veñen reducindo ano a ano, en paralelo coa despoboación e a consecuente aparición de vivendas baleiras.
Dun total de 9 locais comerciais no ámbito da ARI, 5 atópanse pechados na actualidade, cun peche relativamente recente na súa maioría.
O obxectivo deste documento será por tanto a presentación dunha memoria xustificativa da necesidade de rehabilitación, dunha análise de carácter socioeconómico da situación na que se atopa o ámbito así como da proposta dunha serie de medidas encamiñadas a reverter os problemas de degradación existentes na actualidade a través da rehabilitación e revitalización tanto urbanística como demográfica e económica.
Coa presente memoria será posible recoñecer os parámetros básicos de partida da intervención, así como o seguimento das estratexias propostas, tendo en conta aos axentes que deberán intervir, e establecendo unha estimación económica dos recursos necesarios.
Propóñense os seguintes indicadores para avaliar os efectos da aplicación da área de Rehabilitación Integral e o cumprimento dos seus obxectivos:
– Incremento de poboación na área delimitada
– Número de vivendas rehabilitadas
– Espazos públicos reurbanizados
– Número de locais de carácter comercial implantados