NOTA INFORMATIVA DE INICIO DO SERVIZO
Estimadas familias, o servizo de “Madrugadores”, consiste na ampliación do horario de apertura, durante todos os días lectivos, do CEIP Veleiro-Docampo.
O período de execución das actividades de madrugadores iniciarase o primeiro día 10 de setembro ata o último día lectivo do mes de xuño (o servizo estará supeditado ao servizo lectivo).
Realizarase de luns a venres, excepto en días non lectivos, en horario de 8:00 a 9:15 horas.
As actividades de madrugadores están destinadas a nenos e nenas matriculados no CEIP Veleiro Docampo e no CEIP Ramón Falcón cuxas idades estean comprendidas entre os 3 e os 12 anos de idade máxima.
As solicitudes realizaranse de forma individual e presentaranse no Rexistro Municipal.
Servizo de acollida e vixilancia de escolares participantes e organización de actividades de lecer. Este servizo comprende as seguintes tarefas:
1. Apertura do centro educativo ás 8:00 h.
2. Recepción e control da chegada dos/as nenos/as ao centro educativo.
3. Posibles obradoiros e xogos de 8:00 a 8:30.
4. Facilitar o almorzo proporcionado polas familias de 8:30 a 8:50. Os/as nenos/as que entren a partir das 09:00 horas terán que vir almorzados.
5. Realización de actividades sobre hábitos sociais, educación para a saúde, para a convivencia e educación para o lecer de 8:45 a 9:10.
6. Organización dos/as nenos/as e acompañamento ás súas filas correspondentes para entrar en clase.
Para cumprir coas medidas Covid, solicitamos aos/ás pais/nais que o/a nen@ leve unha máscara e recambio da mesma.
Para obter o formulario de inscrición deben entrar na páxina web do concello/perfil contratante/cidadáns/Cultura e deporte.