MELLORA DA XESTIÓN DOS BIORRESIDUOS EN CASTRO DE REI

O concello de Castro de Rei, ao abeiro das axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, ven de adquirir unha serie de contedores marróns a fin de mellorar a xestión de biorresiduos no termo municipal. Na anualidade 2023, en liña co esixido nas directivas europeas, farase efectiva a súa implantación na vía pública para o que se levará a cabo una campaña de sensibilización e difusión á cidadanía.