O goberno local solicitou á Consellería de Industria unha subvención de 339.000 euros para habilitar tres naves industriais e un local. O Concello de Castro de Rei estuda crear un viveiro de empresas no polígono industrial de Castro co obxectivo de apoiar aos emprendedores e impulsar a creación de novos proxectos no municipio. O goberno local solicitou á Consellería de Economía e Industria poder acollerse a unha subvención para a creación do viveiro de empresas, que roldaría os 339.000 euros.