O concello de Castro de Rei iniciou o proceso de implantación do contedor marrón – nos núcleos urbanos de Castro Ribeiras de Lea e Castro de Rei- para potenciar a recollida separada dos residuos orgánicos. A implantación destes recipientes efectuouse no marco dun proxecto levado a cabo coa colaboración Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

De forma previa á súa colocación, realizouse unha campaña informativa mediante un stand itinerante por diferentes localizacións do termo municipal, atendido por monitores ambientais especialistas na materia que informaron á veciñanza sobre o uso axeitado do denominado “quinto contedor” o cal debe estar garantido en todo o territorio da Unión Europea, como moi tarde, o 31 de decembro do 2023.