Descrición da actuación: Mellora da eficiencia enerxética da Escola Infantil de Castro Ribeiras de Lea.

Obxectivos: Mellora da eficiencia enerxética  da Escola Infantil mediante a substitución do sistema de calefacción existente por un sistema de caldeira de gasóleo de baixo consumo eléctrico, a construción dun anexo para albergar as instalacións necesarias para o novo sistema de calefacción (caldeira e depósito de gasóleo), co fin de reducir o consumo eléctrico, e pintura exterior das fachadas da instalación.

Resultados: Acadouse a mellora da eficiencia enerxética das instalacións da Escola Infantil Municipal, mediante a substitución do sistema de calefacción, tendo en conta que o sistema de calefacción eléctrica existente tiña un alto consumo de enerxía,frente ao instalado con esta actuación que resulta máis eficiente.

Apoio financeiro: Xunta de Galicia e Unión Europea