Título do proxecto: CONCILIA CASTRO DE REI.

Actividades incluídas no proxecto: CAMPAMENTOS DE VERÁN 2021 E PROGRAMA MADRUGADORES NO CEIP VELEIRO DOCAMPO (Outubro 2020 a Setembro 2021, ambos incluídos).

Organismos cofinanciadores do proxecto: Secretaría Xeral da Igualdade, Fondo Social Europeo e Concello de Castro de Rei.

Obxectivos do proxecto:Medrar en servizos no rural e conseguir que a conciliación da vida laboral se achegue aos núcleos rurais pequenos.

Resultados esperados: Dar unha resposta lúdico- educativa aos/ás alumnos/as matriculados/as nos CEIP Veleiro Docampo e Ramón Falcón, nenos e nenas do concello durante o período escolar, concretamente na franxa horaria anterior á apertura do centro educativo, creando un servizo de carácter asistencial dirixido á poboación infantil e xuvenil que permita aos proxenitores compatibilizar a súa xornada laboral coas obrigas familiares, así como axudar ao emprego e fomentar o desenvolvemento profesional das mulleres, dado que a posta en marcha dinamiza o emprego local, e de forma esencial o traballo das mulleres. Tamén se pretende manter a poboación rural, procurando contribuír na medida do posible a evitar o despoboamento, e ampliar os servizos anima aos/ás residentes no concello a seguir vivindo no seu lugar de nacemento.