O concello de Castro de Rei celebra o domingo, día 13 de xaneiro, a II edición da carreira popular. A proba partirá da Casa Consistorial, discorrerá por varias estradas da Deputación de Lugo e rematará no núcleo de Castro Riberas de Lea. Os interesados en participar terán que inscribirse antes do xoves, día dez de xaneiro, ás 23.59 horas.

No tocante os dorsais, retiraranse o mesmo día da proba na zona habilitada pola organización, ata 45 minutos antes da saída.

En canto a servizos, haberá aparcadoiro gratuíto (ata ocuparase as prazas existentes); baños na zona de saída e chegada; roupeiro, para que os participantes poidan deixar na saída a roupa nunha bolsa identificada; autobuses, para que os deportistas se trasladen dende a zona de meta á saída (este servizo comezará ás 09.50 horas, sendo o último ás 10.20 horas); zona de lecer para os nenos delimitada, con monitores para que os pais podan desfrutar da súa carreira; ambulancia…

Premios

Se as condicións meteorolóxicas o permiten, a entrega de premios terá lugar na zona de meta. No caso que a climatoloxía o impida, farase no pavillón municipal. Comezará sobre as 13.00 horas e os trofeos serán os seguintes: Aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta e aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como femininos. Na categoría de Pitufos entregarase medalla a tódolos participantes, pero non haberá trofeos nin se farán clasificacións. Na categoría de promoción entregarase medalla a todos os participantes, así como trofeo ós tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.

Fonte Tania Taboada, A voz de Galicia