
Cidadáns
Descarga de documentosPADRÓN MUNICIPAL DE HABITANTES – CONSIDERACIÓNS XERAIS
- O Padrón Municipal de Habitantes é o rexistro administrativo onde constan os veciños dun municipio. Os datos contidos no mesmo constitúen unha proba da residencia no municipio e do domicilio habitual no mesmo, e son utilizados para a actualización do Censo Electoral.
- Toda persoa que resida en España ten o deber de empadronarse no municipio onde resida habitualmente. Quen viva en varios municipios deberá inscribirse unicamente no que habite durante mais tempo ao ano.
- Os veciños deben comunicar as variacións nos seus datos de inscrición, especialmente os cambios de domicilio dentro do término municipal.
¿QUÉN PODE SOLICITALO / CÓMO FACELO ?:
- A persoa interesada maior de 16 anos ou quen posúa a súa representación legal.
- PRESENCIALMENTE: No Concello (Praza Maior, 1 – Castro de Rei) facilitarase o documento de solicitude e a folla padronal en formato físico, que serán firmadas por todos os veciños cuxos datos figuren na mesma ou, no seu caso, polo seu representante legal; cumprimentando ditos documentos conforme as instrucións actualizadas que figuran no reverso do modelo de folla padronal. Xuntando aos mesmos a documentación que tamén se indica no reverso da folla (Documentación acreditativa da identidade -que debe de estar en vigor-, documentación acreditativa do domicilio, etc. …).
- ELECTRÓNICAMENTE: Desde a sede electrónica do Concello tamén poderase achegar o documento de solicitude e a folla padronal debidamente cubertos e asinados por todas as persoas maiores de idade; xunto coa documentación que sexa necesario achegar. Para presentar a solicitude electrónicamente a persoa que realiza a presentación deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou mediante o seu usuario e contrasinal (este último so válido para persoas físicas). Con esta presentación a persoa está declarando que todos os datos contidos na solicitude son certos.
Para a presentación telemática é imprescindible que na Folla padroal as sinaturas sexan TODAS dixitais (non se admitirán follas escaneadas), e debe acompañarse de toda a documentación requirida: acreditación da identidade (DNI,NIE,…); acreditación do domicilio (contrato arrendamento, escritura,…);…
O prazo máximo para resolver o empadroamento é de tres meses a partires da solicitude, segundo o establecido no artigo 21.3 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Para calquera aclaración pode poñerse en contacto coas oficinas municipais a través do teléfono 982 314 034 (horario: de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas), ou no correo electrónico: padron@castroderei.gal
FORMULARIOS QUE SE RELACIONAN:
Solicitude de ALTA no padrón municipal por cambio de residencia, debidamente cumprimentada.
Folla de inscrición padronal completada por todas as persoas maiores que se inscriban (no caso de persoas menores, firma da nai, pai ou titora ou titor legal). En caso de que se incorporen novos habitantes a un grupo familiar xa empadronado, terá que firmar na propia folla a autorización das novas inscricións algunha persoa maior de idade que xa figure inscrita nela.
ANEXOS -que correspondan- PUBLICADOS NO BOE Núm. 122 do 02/05/2020.
NORMATIVA PADRONAL:
* Resolución do 29 de abril de 2020, pola que se publica a Resolución do 17 de febreiro de 2020, pola que se ditan instrucións técnicas aos concellos sobre a xestión do Padrón municipal (BOE núm. 122, do sábado 2 de maio de 2020).
* Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de poboación e demarcación das entidades locais.
* Real Decreto 2612/1996, de 20 de decembro, polo que se modifica o Regulamento de poboación e demarcación das entidades locais, antes referido.
* Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
DOCUMENTOS:
SOLICITUD DE CAMBIO DE DOMICILIO
ANEXO I- Declaración responsable inscripcion o cambio menores SIN RESOLUCION JUDICIAL
ANEXO II- Declaración responsable inscripcion o cambio menores CON RESOLUCION JUDICIAL
ANEXO III-Hoja de inscripcion padronal DE CASTRO DE REI
ANEXO IV-Solicitud renovación extranjeros no comunitarios
ANEXO VI-Comprobacion periodica residencia extranjeros
ANEXO VII-Comprobacion periodica residencia extranjeros POR REPRESENTANTE
ANEXO V-Solicitud renovación extranjeros no comunitarios POR REPRESENTANTE
Servizo Madrugadores Curso 20/21
FICHA-INSCRICIÓN-PROGRAMA-MADRUGADORES-definitivaDescarga NOTA INFORMATIVA DE INICIO DO SERVIZO Estimadas familias, o servizo de “Madrugadores”, consiste na ampliación do horario de apertura, durante todos os días lectivos, do CEIP Veleiro-Docampo. O período de...
Aberto o prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal “Manuela López Besteiro”
O próximo día 1 de xullo ábrese o prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal “Manuela López Besteiro” de Castro Ribeiras de Lea. O prazo de presentación para realizar a reserva de praza e admisión de novas solicitudes é do o 1 ao 31 de xullo (ambos...
Procedemento para a contratación de 2 persoas para o fomento do emprego no medio rural APROL RURAL 2020
D. Francisco Javier Balado Teijeiro, Alcalde-Presidente do Concello de Castro de Rei (Lugo).Vista a Resolución da Xefa Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo de data 9 de xuño de 2020, que tivo entrada no concello o 10 de xuño de 2020...
Decreto contratación de 2 persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras de RISGA
“BASES XERAIS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL CON CARÁCTER TEMPORAL (PROGRAMAS PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL POLAS ENTIDADES LOCAIS DE PERSOAS EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL PERCEPTORAS DE RISGA) PARA PRESTAR SERVIZOS NO...
Campamento Urbano 2020
Do 1 ao 15 e do 16 ao 30 de Xullo, con grupos en Castro de rei e en Castro Ribeiras de Lea, de 3 a 14 anos. De luns a venres en horario de 9:30 a 14 Horas. Telefono de información: 982804773 (Galwy Servizos e Eventos) Impresos para inscripcións:...
PROCESO PARA A SELECCIÓN EN RÉXIME DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE CATRO PEÓNS DE SERVIZOS MÚLTIPLES
20191216_Resolución_Decreto-de-Alcaldía-_-Decreto-de-Presidencia-_DECRETO-2019-0721-DECRETO-NOMEAMENTO-SELECCIONADOSDescarga 20191213_PROPOSTA-TRIBUNAL-SELECCIÓN-FOMENTO-EMPREGO-2019Descarga...
BAJAS DE OFICIO POR INCLUSIÓN INDEBIDA; ERRORES: 141, 142 y 143 (COMPROBACIÓN PERIÓDICA DE RESIDENCIA NO_ENCSARP):
20190822_Publicación_Anuncio_ANUNCIO-BOE-DECRETO-400-DE-22-DE-AGOSTO-DE-BAJAS-DE-OFICIO-POR-INCLUSION-INDEBIDA-EN-PADRON-DE-HABITANTESDescarga
Curso de Manipulador de Alimentos en el mercado ganadero
Proceso selección Programa Fomento do Emprego (Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2018).
ANUNCIO CONVOCATORIA PROGRAMA FOMENTO EMPREGO 2018 APROBACIÓN BASES SELECCIÓN PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2018 ANEXO I-SOLICITUDE PROGRAMA FOMENTO EMPREGO DECRETO APROBACIÓN LISTA DEFINITIVA ADMITIDOS PROGRAMA FOMENTO EMPREGODescarga DECRETO NOMEAMENTO TRIBUNAL...
O Concello de Castro de Rei celebra o domingo 13 de Xaneiro a II edición da carreira popular
O concello de Castro de Rei celebra o domingo, día 13 de xaneiro, a II edición da carreira popular. A proba partirá da Casa Consistorial, discorrerá por varias estradas da Deputación de Lugo e rematará no núcleo de Castro Riberas de Lea. Os interesados en participar...
