{"id":208001,"date":"2021-09-22T19:13:51","date_gmt":"2021-09-22T19:13:51","guid":{"rendered":"https:\/\/www.castroderei.gal\/sin-categorizar\/botan-a-andar-as-novas-ari-de-castro-de-rei-e-guitiriz\/"},"modified":"2021-09-22T19:14:51","modified_gmt":"2021-09-22T19:14:51","slug":"botan-a-andar-as-novas-ari-de-castro-de-rei-e-guitiriz","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/ari-es\/botan-a-andar-as-novas-ari-de-castro-de-rei-e-guitiriz\/","title":{"rendered":"Botan a andar as novas Ari de Castro de Rei e Guitiriz"},"content":{"rendered":"\n<p>Fuente: El Progreso<\/p>\n\n\n\n<p>Os concellos recibiron senllas axudas de 150.000 euros para p\u00f3r en funcionamento os primeiros plans de rehabilitaci\u00f3n, que xa contan con veci\u00f1os interesados<\/p>\n\n\n\n<p>Hai interese en acollerse \u00e1s futuras axudas das novas&nbsp;<strong>Ari (\u00c1rea de Rehabilitaci\u00f3n Integral) de Guitiriz e de Castro de Rei<\/strong>, tal e como constatan dende ambos concellos, onde xa recibiron&nbsp;<strong>consultas de ao redor dunha quincena de veci\u00f1os&nbsp;<\/strong>en cada caso para facer melloras en inmobles inclu\u00eddos dentro de ambas zonas de actuaci\u00f3n.about:blank<\/p>\n\n\n\n<p>Os dous concellos recibir\u00e1n a mesma cont\u00eda, que ascende a<strong>&nbsp;151.000 euros<\/strong>, cofinanciados pola administraci\u00f3n auton\u00f3mica e a estatal \u2014o Goberno achega 121.00 euros e a Xunta, 31.000\u2014, a trav\u00e9s da sinatura do seu primeiro convenio. Estes fondos repartiranse entre as solicitudes de subvenci\u00f3n que prosperen pesentadas por aqueles titulares de construci\u00f3ns nestas \u00e1reas de actuaci\u00f3n. En Castro de Rei, a Ari conta con 13 hect\u00e1reas nas que hai case&nbsp;<strong>90 inmobles<\/strong>&nbsp;e abrangue o casco antigo da capitalidade municipal.<\/p>\n\n\n\n<p>A de Guitiriz ten a particularidade de que \u00e9 unha&nbsp;<strong>Ari rural<\/strong>, que incl\u00fae dez n\u00facleos das&nbsp;<strong>parroquias dos Vilares e do Buriz<\/strong>&nbsp;nos que hai m\u00e1is de 90 edificaci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>Un dos primeiros pasos a dar polos concellos para a tramitaci\u00f3n destas axudas ser\u00e1 a&nbsp;<strong>creaci\u00f3n dunha oficina de rehabilitaci\u00f3n<\/strong>. En Castro de Rei xa est\u00e1 posta en marcha, na propia&nbsp;<strong>casa do concello<\/strong>, cunha persoa asignada a xornada completa, cuxo labor complementa a&nbsp;<strong>arquitecta municipal<\/strong>, que cubre unha parte do seu horario laboral nesta. En Guitiriz&nbsp;<strong>est\u00e1n agardando \u00e1 sinatura do convenio para a s\u00faa creaci\u00f3n<\/strong>, polo que de momento \u00e9 o<strong>&nbsp;departamento de urbanismo&nbsp;<\/strong>o que se encarga de atender as consultas veci\u00f1ais que se producen sobre este tema.<\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Un dos primeiros pasos a dar polos concellos para a tramitaci\u00f3n destas axudas ser\u00e1 a creaci\u00f3n dunha oficina de rehabilitaci\u00f3n<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p>A maiores das obras de iniciativa privada, os concellos que contan cunha Ari poden impulsar no marco desta actuaci\u00f3ns de&nbsp;<strong>mellora de espazos p\u00fablicos<\/strong>. E a\u00ednda que polo momento non te\u00f1en pechadas as propostas, ambos rexedores te\u00f1en claro por onde lles gustar\u00eda comezar as s\u00faas intervenci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>O alcalde de Castro de Rei,&nbsp;<strong>Francisco Balado<\/strong>, detalla que a s\u00faa prioridade \u00e9 acondicionar a muralla de Castro de Rei e as antigas encastras, ademais de pavimentar a&nbsp;<strong>R\u00faa Amigos da Feira<\/strong>. Pola s\u00faa banda, a guitiricense&nbsp;<strong>Marisol Morandeira<\/strong>&nbsp;avanza que o seu obxectivo \u00e9 restaurar os vellos alpendres da&nbsp;<strong>feira das Reixas<\/strong>&nbsp;e mellorar o contorno da&nbsp;<strong>igrexa de San Vicenzo<\/strong>, nos Vilares, e a&nbsp;<strong>escola da Ventisca<\/strong>, no Buriz.<\/p>\n\n\n\n<p>Estas d\u00faas Ari de nova creaci\u00f3n sum\u00e1ronse na Chaira \u00e1 do&nbsp;<strong>casco antigo de Vilalba<\/strong>, que leva d\u00faas d\u00e9cadas operativa, favorecendo m\u00e1is de 200 proxectos.<\/p>\n\n\n\n<p>O Concello non concurriu nesta ocasi\u00f3n ao reparto de fondos para as Ari, ao ter a\u00ednda orzamento dispo\u00f1ible do \u00faltimo convenio. De feito, prev\u00e9 en breve abrir o prazo para que os veci\u00f1os poidan presentar novas solicitudes<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fuente: El Progreso Os concellos recibiron senllas axudas de 150.000 euros para p\u00f3r en funcionamento os primeiros plans de rehabilitaci\u00f3n, que xa contan con veci\u00f1os interesados Hai interese en acollerse \u00e1s futuras axudas das novas&nbsp;Ari (\u00c1rea de Rehabilitaci\u00f3n Integral) de Guitiriz e de Castro de Rei, tal e como constatan dende ambos concellos, onde xa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":207999,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"off","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"categories":[37],"tags":[],"class_list":["post-208001","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-ari-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/208001\/"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post\/"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1\/"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments\/?post=208001"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/208001\/revisions\/"}],"predecessor-version":[{"id":208002,"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/208001\/revisions\/208002\/"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/207999\/"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/?parent=208001"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories\/?post=208001"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags\/?post=208001"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}