{"id":206107,"date":"2017-09-10T18:21:38","date_gmt":"2017-09-10T18:21:38","guid":{"rendered":"https:\/\/www.castroderei.gal\/sin-categorizar\/presentacion-na-casa-da-cultura-dun-libro-sobre-manuel-becerra\/"},"modified":"2017-09-10T18:22:03","modified_gmt":"2017-09-10T18:22:03","slug":"presentacion-na-casa-da-cultura-dun-libro-sobre-manuel-becerra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/actualidad\/presentacion-na-casa-da-cultura-dun-libro-sobre-manuel-becerra\/","title":{"rendered":"Presentaci\u00f3n na Casa da Cultura dun Libro sobre Manuel Becerra"},"content":{"rendered":"<p>(Fonte \u00bb La voz de Galicia\u00bb XMP)<\/p>\n<p><span lang=\"gl\">A Terra Ch\u00e1 que viu nacer non poucos poetas nos s\u00e9culos XIX e XX pode tam\u00e9n gabarse de ter sido o berce de personaxes que exerceron gran influencia na sociedade do seu tempo. Nese grupo, a Manuel Becerra (1820-1896) corresp\u00f3ndelle un lugar de honra: naceu na Ponte de Outeiro, e a s\u00faa figura non ten un reco\u00f1ecemento p\u00fablico directamente proporcional \u00e1 s\u00faa traxectoria; por\u00e9n, un libro que se presenta o vindeiro venres 15\/9 en Castro de Ribeiras de Lea -Casa da Cultura, oito do ser\u00e1n- ofrece un resumo da s\u00faa intensa vida.<\/span><\/p>\n<div id=\"ad_RobaPaginasMobileTEXTO_DETALLE\" class=\"adblock RobaPaginasMobile nolazy mobile\" data-url=\"\/4900\/webm.EXT.LAVOZDEGALICIA\/edicion\/\/lugo\" data-mapping=\"ROBAMOBILE\" data-sizes=\"[[300,250],[300,300],[350, 300],[300,600],[350, 600]]\" data-param=\"pos\" data-format=\"mobile\" data-targeting=\"robapaginas\">\u00a0<span lang=\"gl\"><em>Dous fillos da Ponte de Outeiro: Crecente Vega e Manuel Becerra<\/em><\/span>\u00a0\u00e9 o t\u00edtulo do volume escrito polos profesores Manuel Vila e Xos\u00e9 Ant\u00f3n Pombo, editado pola Asociaci\u00f3n dos Xogos Tradicionais de Muimenta (Xotramu) co patrocinio do Concello de Castro de Rei.<\/div>\n<p><span lang=\"gl\">A \u00abfonda vocaci\u00f3n\u00bb de servizo \u00e1 vida p\u00fablica \u00e9 subli\u00f1ada polos autores nas primeiras p\u00e1xinas do libro. Que Becerra vi\u00f1ese ao mundo nese lugar de Castro de Rei foi case unha casualidade pero non algo estra\u00f1o, pois a s\u00faa familia materna ti\u00f1a orixes a\u00ed. Por\u00e9n, \u00e9 en Madrid, a onde chegou con 20 anos, onde a s\u00faa vida foi intensa polos cargos que ocupou e tam\u00e9n polo seu labor intelectual, reflectido en artigos xornal\u00edsticos, no estudo da historia de Espa\u00f1a e de Portugal que se publicou co t\u00edtulo de<\/span><em>Imperio Ib\u00e9rico<\/em><span lang=\"gl\">\u00a0ou na pertenza \u00e1 Academia de Ciencias Exactas, F\u00edsicas e Naturais.<\/span><\/p>\n<p><span lang=\"gl\">Cando morreu, a nota necrol\u00f3xica publicada no xornal<\/span><em>\u00a0El Telegrama\u00a0<\/em><span lang=\"gl\">lembraba que Becerra loitara \u00abferamente na s\u00faa xuventude pola democracia\u00bb, e engad\u00eda que a\u00ednda que o temperamento revolucionario se volvera algo morno co paso dos anos, antes fora un firme combatente \u00abpola liberdade\u00bb.\u00a0<\/span>En Madrid en 1840.\u00a0<span lang=\"gl\">O rapaz que chegou a Madrid en 1840 amosou aptitudes para as matem\u00e1ticas e para a astronom\u00eda, como escriben Vila e Pombo, pero asemade inclinaci\u00f3n a participar na pol\u00edtica na que non faltaban conspiraci\u00f3ns contra a ra\u00ed\u00f1a Isabel II. As\u00ed, en 1849 participou na elaboraci\u00f3n dun manifesto que demandaba o sufraxio universal a\u00ednda que aceptando a monarqu\u00eda. Liberdade de traballo e gratuidade, universalidade e obriga do ensino primario eran algunhas das medidas que o Partido Dem\u00f3crata propo\u00f1\u00eda en 1852, antes de que os acontecementos o colocasen na primeira li\u00f1a.<\/span><\/p>\n<p><span lang=\"gl\">Foi un dos protagonistas de sublevaci\u00f3n de 1856, decidida como medida de protesta ao entenderse que o Bienio Progresista quedaba morto. O levantamento custoulle anos de exilio, que se repetir\u00edan anos despois, a\u00ednda que a partir de 1868, co levantamento do xeneral Prim e a fuxida da ra\u00ed\u00f1a Isabel II, o comezo do chamado Sexenio Revolucionario, supuxo para Becerra un per\u00edodo de destacada actividade. Foi tenente de alcalde de Madrid a finais do devandito 1868 e ministro de Ultramar en 1869, ano no que tam\u00e9n se ocupou do de Estado e no que se redactou unha Constituci\u00f3n na que a pegada de Becerra semella notarse.<\/span><\/p>\n<div id=\"ad_Roba3DetalleTEXTO_DETALLE\" class=\"adblock ad_Roba3Detalle nolazy normal\" data-url=\"\/2260323\/Roba_3_detalle\" data-mapping=\"ROBA\" data-sizes=\"[[300,250],[300,300],[300,600]]\" data-param=\"\" data-format=\"normal\" data-targeting=\"\" data-google-query-id=\"CIXEk6ucm9YCFUd-GQodRX4D7w\">\n<div id=\"google_ads_iframe_\/2260323\/Roba_3_detalle_0__container__\">No Goberno de novo<\/div>\n<\/div>\n<p><span lang=\"gl\">Tam\u00e9n se nota de xeito evidente o seu protagonismo nos anos seguintes, nos que foi ministro de Fomento durante o breve reinado de Amadeo de Saboia, que s\u00f3 foi xefe do Estado dous anos (1871-1873), e durante a non menos ef\u00e9mera Primeira Rep\u00fablica, que durou 15 meses e na que Becerra formou parte do goberno sendo presidente Estanislao Figueras.\u00a0<\/span><span lang=\"gl\">Nin a rep\u00fablica implantada tras a renuncia do rei chegado de Italia estivo libre de tensi\u00f3ns, nin o pol\u00edtico chairego permaneceu alleo, por acci\u00f3n ou por outras circunstancias, aos acontecementos dese tempo. As\u00ed, como contan Vila e Pombo, acabou implicado como responsable dun golpe de estado no que el non participara, o cal lle de novo o cami\u00f1o do exilio.\u00a0<\/span><span lang=\"gl\">Esa marcha de Espa\u00f1a tampouco foi definitiva, como tampouco o ser\u00eda a s\u00faa distancia do poder: tras ser un dos creadores do Partido Fusionista, con Sagasta, este situouno de novo no Ministerio de Ultramar en 1888, xa no reinado de Afonso XII; e a ese cargo a\u00ednda volveu en 1894, tam\u00e9n con Sagasta como xefe de goberno.<\/span><\/p>\n<p class=\"ladillo\">Presidente do Centro Galego:\u00a0<span lang=\"gl\">A finais de 1896 morreu. Pouco antes fora elixido presidente do Centro Galego de Madrid. A\u00ednda que o d\u00eda do seu enterro, o 20 de decembro, era chuvioso en Madrid, tanto a xente do com\u00fan da capital como representantes da pol\u00edtica, do ex\u00e9rcito e das ciencias sa\u00edron \u00e1 r\u00faa para despedir a quen, segundo escriben Vila e Pombo, se fixera \u00abdigno do seu afecto\u00bb. A s\u00faa fortuna, \u00abpequena\u00bb de acordo co que se exp\u00f3n na obra, foi para a s\u00faa ama de chaves, e a s\u00faa biblioteca, para a Academia de Ciencias Exactas, F\u00edsicas e Naturais.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(Fonte \u00bb La voz de Galicia\u00bb XMP) A Terra Ch\u00e1 que viu nacer non poucos poetas nos s\u00e9culos XIX e XX pode tam\u00e9n gabarse de ter sido o berce de personaxes que exerceron gran influencia na sociedade do seu tempo. Nese grupo, a Manuel Becerra (1820-1896) corresp\u00f3ndelle un lugar de honra: naceu na Ponte de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":206105,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"categories":[8,10],"tags":[],"class_list":["post-206107","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-actualidad","category-eventos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/206107\/"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post\/"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1\/"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments\/?post=206107"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/206107\/revisions\/"}],"predecessor-version":[{"id":206108,"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/206107\/revisions\/206108\/"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/206105\/"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/?parent=206107"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories\/?post=206107"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.castroderei.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags\/?post=206107"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}