O conxunto arqueolóxico e museístico de Viladonga ocupa todo o cume dun monte desde o que se domina un amplo panorama sobre a Terra Chá lucense e as serras de Monciro e de Pradairo e a de Meira. Está situado no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo, a 23 km ao nordeste da capital lucense.
A importancia arqueolóxica e o interese histórico do Castro de Viladonga púxose de relevo por mor das escavacións iniciadas en 1971, tanto pola monumentalidad e diversidade das estruturas descubertas como pola cantidade e calidade dos materiais aparecidos. O xacemento é un exemplo de asentamento destacado, sobre todo entre os séculos II e V d.C., moi importante para o coñecemento, estudo e comprensión do mundo castrexo tras a conquista romana. No castro continúan de forma periódica os traballos arqueolóxicos tanto de escavación como de limpeza e consolidación.
O Museo do Castro de Viladonga abriuse ao publico en novembro de 1986. Dedícase á interpretación e explicación do xacemento e á custodia e exposición dos materiais procedentes das sucesivas escavacións. Está situado entre as dúas últimas murallas ao lado sueste do Castro, moi preto do seu croa.
O museo é de titularidade estatal e xestionado pola Xunta de Galicia.
<iframe width="1280" height="720" src="https://www.youtube.com/embed/KgNQUNYTBT4?rel=0" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Normas de acceso

As visitas en grupo convén solicitalas con antelación, tendo en conta a conveniencia de facer subgrupos (preferentemente non superiores a 35/40 persoas), polo espazo dispoñible e para facilitar o aproveitamento didáctico da visita.

Está permitido fotografar e filmar sen trípode e sen flash, para uso particular e cubrindo un formulario de solicitude.

Horario Museo:
Aberto todos os días (excepto 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro)
De marzo a outubro: de 10 a 20 h.
De novembro a febreiro: de 10 a 19 h.
Castro:
Acceso libre todos os días do ano. TarifaEntrada gratuíta ao castro e ao museo

  • Duración – 2.5 Horas
  • Aprendizaxe Visual | Museo
  • Accesibilidade
  • Comer Preto
Coñece Castro de Rei
Gastronomía, aloxamientos, sendeirismo e máis…
Concello de Castro de Rei
Praza Maior N°1

27250 Castro de Rei – Lugo (Galicia)

info@castroderei.gal
982 314 034