Denominación do obradoiro: OBRADOIRO DE EMPREGO “SANTA ISABEL V”
Especialidades formativas que se impartirán:
– EOCB0109 Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción.
– EOCB0209 Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (deste certificado impartiranse os módulos MF 1320_1 e MF 1321_1).
– EOCB0208 Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas (deste certificado soamente se impartirá o módulo MF0142_1).
Certificado de profesionalidade: Nivel 1.
Nº. alumnos Concello Castro de Rei: 7.
Duración do obradoiro: 12 meses.
Tipo de contrato: contrato para a formación en alternancia.
Lugar de inscrición para participar: Oficina de Emprego Lugo Sur.
Recoméndase ás persoas que estean interesadas, que manifesten á maior brevidade na oficina de emprego o seu interese en participar na selección.
Igualmente nas próximas datas realizarase oferta para cubrir os postos de persoal directivo, docente e administrativo/a deste obradoiro de emprego.