O próximo día 1 de xullo ábrese o prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal “Manuela López Besteiro” de Castro Ribeiras de Lea.
O prazo de presentación para realizar a reserva de praza e admisión de novas solicitudes é do o 1 ao 31 de xullo (ambos incluídos).
Á escola infantil poderán acceder as familias que se atopen empadroadas no concello de Castro de Rei ou traballen no municipio de Castro de Rei, con nenos nacidos dende 01/01/2018.
As familias interesadas en matricular aos seus fillos na escola infantil deberán presentar instancia no modelo oficial, xunto coa documentación correspondente, dispoñible na páxina web www.castroderei.gal (apartado “Servizos Sociais”).
A presentación das solicitudes pode realizarse de maneira telemática a través da sede electrónica castroderei.sedelectronica.gal ou de maneira presencial solicitando cita previa no teléfono 982314034.
Pódese descargar o modelo no seguinte enlace.