<embed src="http://www.phottic.com/es/castro-na-memoria" width="100%" height="100%" />

Páxina creada pola Asociación Cultural Gaia de Lea

A Asociación Cultural Gaia de Lea quere continuar co labor e recuperar toda a historia do municipio a través de miles de fotografías que dormen en caixóns.

Esta colección non só serve para lembrar senón que permite que as novas xeracións coñezan o seu pasado e poidan ter acceso á riqueza que lles outorgará esta historia. Á súa vez, esta colección de fotos, tamén permite ver as transformacións do pobo.

Os costumes, tradicións e a paisaxe, todo cambia e modifícase cos anos. Pero os responsables da colección van máis aló, non só queren atopar fotos de persoas ou lugares, tamén é importante recuperar os documentos históricos da vila, reportaxes e todo tipo de imaxes que teñan que ver coa historia de Castro de Rei, en Lugo.

A idea dunha colección de Phottic é recuperar a memoria histórica a través da fotografía e coa dixitalización de todo este material tamén se evita a súa desaparición.

Castro de Rei na memoria

Arquivo Ebeling